martes, 31 de mayo de 2011

3º ESO: TRABALLOS, EXAMES...E FIN DE CURSO...

A.- PRESENTACIÓNS.
Os traballos de cultura clásica quedan así repartidos:
1.- Heitor: Os espectáculos no anfiteatro: gladiadores, naumaquias, venationes.
2.- Pedro: O circo e as carreiras.
3.- Francisco: O teatro na antigüidade.
4.- Raúl: As termas romanas.
5.- Paula: O exército romano. Os campamentos romanos.
6.- Débora: Festas romanas: Saturnais, Lupercais...
7.- Luis: As guerras púnicas: romanos contra cartaxineses.
8.- Yovana: Marco Antonio e Cleopatra contra Augusto.
9.- Manuel: O cristianismo no Imperio romano. As persecucións.
10.- Tamara: A fundación de Roma: Rómulo e Remo.

Faltan: David, Daniel, Mishell. Poden elixir entre:
- Urbanismo romano: estrutura das cidades e edificios públicos
- A vivenda dos romanos: tipos e partes principais.
- Obras de enxeñaría: murallas, acueductos e pontes.
- A Eneida: as aventuras de Eneas.
- A monarquía romana: lenda e historia. O rapto das sabinas. A traxedia de Lucrecia.
- Xullo César: xeneral, político e escritor.
- A dinastía Xullo-Claudia: Tiberio, Calígula, Claudio, Nerón.
- Os romanos no cinema: Quo vadis?, Espartaco, Ben-Hur, Gladiator.


B.- GRANDES TRABALLOS.


A data para entregar o "gran traballo" remata o vindeiro venres día 10 de xuño. Lembrade que hai dúas posibilidades:


- papel: un folio por unha cara.
- bitácora: unha entrada.

De momento, só o fixeron Luis e Francisco.


C.- EXAME.

O vindeiro día 9 de xuno (xoves) faremos o noso "pequeno exame". Como sempre as preguntas serán sobre conceptos moi básicos: deuses gregos e romanos, principais heroes da mitoloxía antiga, a Ilíada, a Odisea, as linguas románicas, o concepto de lingua indoeuropea, relixión grega (sobre todo, Dioniso e os ritos dionisíacos)...


D.- DATAS: FIN DE CURSO.


- Presentación: tedes dous días máis para rematalas (é dicir, 2 e 7 de xuño).

- Exame: 9 de xuño.

- Data límite para o gran traballo: 10 de xuño.

- Despois do exame veremos unha película. (14, 16, 21)

jueves, 26 de mayo de 2011

LATÍN I: HEROIDAS (OVIDIO)

1.- SERGIO: Heroida I, "Penélope a Ulises".
2.- NEREA RODRÍGUEZ: Heroida IV, "Fedra a Hipólito"
3.- NEREA PENA: Heroida V, "Enone a Paris"
4.- MERCEDES: Heroida VII, "Dido a Eneas"
5.- LILY: Heroida X, "Ariadna a Teseo"
6.- LETICIA SÁEZ: Heroida XII, "Medea a Xasón"
7.- NELA: Heroida XVI, "Paris a Helena"; Heroida XVII, "Helena a Paris"
8.- RAQUEL: Heroida XVIII, "Leandro a Hero", Heroida XIX, "Hero a Leandro"

GREGO I: A MULLER NO MUNDO ANTIGO

1.- SERGIO: Visións da muller na literatura antiga. A muller na épica, na lírica arcaica, na traxedia e na comedia.

2.- NEREA PENA: Nacemento e educación. As condicións de vida da muller ata o matrimonio.

3.- LILY: Matrimonio e divorcio. As condicións de vida da muller casada. Esposas, concubinas, heteras e prostitutas.

4.- NELA: Muller e ciencia: Hipatia de Alexandría.

5.- NEREA RODRÍGUEZ: Mulleres que escribiron na Antigüidade. Escritoras en Grecia: Safo de Lesbos. Escritoras en Roma: Cornelia, Hortensia...

6.- LETICIA SÁEZ: A sexualidade no mundo antigo: heterosexualidade, homosexualidade masculina, lesbianismo e pederastia. A sexualidade na mitoloxía.

7.- RAQUEL: A muller no dereito antigo. Dote, herencia e tutela. Matrimonio, divorcio, aborto e adulterio nos textos xurídicos.

8.- MERCEDES ILLANES: Muller e filosofía: visións da muller nos textos filosóficos.

martes, 24 de mayo de 2011

El latin en nuestras vidas


Como podemos observar el latin es mucho mas importante en nuestras vidas de lo que nosotros creemos y un claro ejemplo es los latinismos que utilizamos en nuestro dia a dia...pero NO SON LOS UNICOS!! Veamos claros ejemplos:
-El latín nos sirve como trampolín para sumergirnos más profundamente en nuestra
visión del mundo, en nuestra manera de pensar, en resumen en nuestra vida. Aquel que entiende bien el mensaje que el latín trasmite en sus textos se cuestionará mejor y verá que antes de nuestros valores hubo otros, muy diferentes, pero perfectamente coherentes, que merecen nuestra admiración y respeto. Lo que se heredó del Imperio Romano a lo largo de estos 27 siglos de uso del latín escrito no fue poco. Resumiendo, yo contestaría con otra pregunta: ¿cómo no estudiar latín?
Latín está en nuestra vida cotidiana cuando enviamos un curriculum vitae, cuando pensamos en una posgraduación lato sensu o cuando ponemos una posdata a una carta,las tecnologías modernas, como en la fecundación in vitro o en el fax .
El latín está tan dentro de nuestra lengua que hasta se confunde con ella: ídem es latín, así como grosso modo, per cápita o etcétera y hasta la expresión alias y muchos mas ejemplos...
Esta lengua calificada como "muerta" está presente tanto en nuestra vida que no nos damos cuenta.
Por tanto, la cuestión no es aprender o no el latín. Él ya convive con nosotros pues es el alma de nuestra
lengua...
Con el latín,todo adquiere una lógica. Si sabemos bastante latín habremos ampliado nuestro horizonte lingüístico y esto nos destacará sobre los demás.



Una lengua muerta que vive y respira








lunes, 23 de mayo de 2011

3º ESO: HISTORIA E CIVILIZACIÓN ROMANA

...Chegou o momento, por fin, de adentrarnos un pouco na cultura romana. Para ir abrindo o camiño teredes que facer unha presentación sobre unha serie de temás relevantes no mundo romano. Xa elixiron:
1. Heitor: Os espectáculos no anfiteatro: gladiadores, naumaquias, venationes.
2. Francisco: O teatro na Antigüidade.
3. Paula: O exército romano. Os campamentos romanos.
4. Débora: Festas romanas: Saturnais, Lupercais...
5. Luis: As guerras púnicas: romanos contra cartaxineses. Haníbal e Escipión.
6. Yovana: Marco Antonio e Cleopatra contra Augusto.
7. Manuel: O cristianismo no Imperio romano. As persecucións.

Os que faltades podedes elixir entre:
8. O circo e as carreiras.
9. As termas romanas.
10. Urbanismo romano: estrutura das cidades e edificios públicos.
11. Obras de enxeñaría: murallas, acueductos e pontes. A muralla de Lugo.
12. A Eneida. A aventuras de Eneas.
13. A fundación de Roma: Rómulo e Remo.
14. A monarquía romana: lenda e historia. O rapto das sabinas. A traxedia de Lucrecia.
15. Xullo César: xeneral, político e escritor.
15. A dinastía xullo-claudia: Tiberio, Calígula, Claudio e Nerón.
16.- Os romanos no cinema: Quo vadis?, Espartaco, Gladiator.
EXTENSIÓN: entre 8-12 diapositivas.

domingo, 22 de mayo de 2011

AXTERIS - GLADIADOR




No ano 50 a.C. os romanos tiñan toda a Galia conquistada, menos por unha pequena aldea.....


Nun dos campamentos romanos, encontrabase o prefecto Caligula Pocóspelus.


Vai cara Roma pra da facerlle un agasallo o César. Deciden que o mellor regalo e un galo da aldea.


Asuranceturix decide ir o bosque para dar unha volta e é nese momento cando os romanos atrapano e levano a Roma.


Axtérix e Obélix deciden ir a Roma para traelo de volta.


Chegan a Roma e para podelo salbar teñen que meterse a gladiadores.


O dia en que se fixeron os xogos do circo romano Asuranceturix ia ser tirado os leóns. pero co seu canto espantounos.


O final sacano de Roma e voven para casa. E como e tradición fan unha cea entre todos.




Gustoume moito, sobre todo cando ai loitas contra os romanos.



miércoles, 18 de mayo de 2011

3º ESO: ESTADO DOS TRABALLOS, DATAS ET CETERA...

1: ESTADO DOS TRABALLOS.


A.- Xa fixeron os seus traballos no dicionario...
1. Raúl (aínda que podías correxir algunhas faltas de ortografía e poñer todo en galego...).
2. Luis.
3. Débora (seguro que podes mellorar eses enlaces...).

4. Yovanna (o mesmo, Yovanna,...seguro que podemos facer un pouco mellor ese "links"...).
5. Heitor.

B.- Están no proceso...
1. Pedro.
2. Manuel vai polo bo camiño...pero ten que engadir fotos, enlaces...
3. Tamén ten boa pinta o traballo de Mishell pero hai que completalo con enlaces, fotos...
4. Tamara: o mesmo...é dicir...hai que engadir enlaces, fotos...

C.-Aínda non están "colaborando"...
1. Francisco (sei que por problemas "técnicos").
2. David.
3. Paula.
4. Daniel.


2: DATAS: EXAME E TRABALLOS.


1.- GRAN TRABALLO: lembrade que a data límite para o gran traballo será o día o venres10 de xuño.
2.- EXAME: un bo día para o exame pode ser o xoves 9 de xuño. Podedes deixar algún comentario se hai algún problema (coincidencia con outros exames...).


3: PARA OS QUE VAIAN REMATANDO...


Para que ninguén se aburra aquí van algunhas palabras máis...

1. Raúl: Amazona, Ariadna, Acteón, Adonis, Ártemis...
2. Luis: Belerofonte, Baucis, Babilonia, Bóreas...

¿E quen vai facer...?

1. R: Roma, Rómulo, Remo, Roxana...
2. U: Urano, Ulises...
3. V: Vesta, Vestal, Venus, Vulcano...

Se alguén se anima, que deixe un comentario para organizarnos mellor...


¡¡MOITO ÁNIMO...!!

lunes, 16 de mayo de 2011

A Cultura Clásica faise presente a miúdo, un explo de isto é o viaxe ao intercambio con Francia, durante o cal, os alumnos que tivemos a sorte de asistir puidemos ver mostras de isto.
Durante este curso, vimos por exemplo a película, Espartaco, e no centro de París, encontrámonos unhas cantas imaxes dela:

tamén puidemos ver estatuas de moitos deuses:

como vedes, a cultura clásica está presente en moitos lugares :)


un saúdo.

miércoles, 11 de mayo de 2011

3º ESO: UN PASO MÁIS...

...O noso dicionario "A PINGUELA CLÁSICA" segue medrando pouco a pouco, con algún que outro problema inesperado (creo que xa están case todos solucionados) pero creo que se a "colaboración" segue funcionado ao final pode quedarvos un traballo bastante interesante.



1: PROBLEMAS (CREO QUE) SOLUCIONADOS


- O dicionario xa ten "portada" outra vez despois de que o martes, durante unhas horas, por algún misterioso enigma tecnolóxico a travesa letra "f" se quixese convertir en protagonista e aparecese subitamente na páxina inicial ("home").
- E a páxina do "f" tamén aparece onde ten que aparecer: estas letras son moi rebeldes pero seguro que podemos con elas...
- Na páxina de Heitor xa non aparecen tampouco uns códigos raros que aparecían o martes.



2: FOTOS E ÉTICA


Imos tentar traballar cun pouco de ética cando subamos as fotos. Para iso, en lugar de ir a "google" e subir o primeiro que apareza, faremos o seguinte: iremos a flickr, buscaremos unha foto cunha licencia "Creative commons" e cando a subamos faremos constar nunha lenda o nome do autor (como fixen eu en Zeus ou como fixo Luis con Baco).





3: IDEAS PARA MELLORAR.


- Coidado coa ortografía (por exemplo...).
- Seremos honestos e faremos constar o nome dos autores das fotos que atopemos en flickr (por exemplo...)
- Completaremos e melloraremos as nosas definición con enlaces (hai quen xa o fixo e hai quen non...).

- Brevedade, si, pero definir un deus/heroe/monstro grecorromano como "unha divinidade moi antiga" non é ir demasiado lonxe. ¡¡Un poquiño máis"" Por exemplo: Yovanna podía expricar o aspecto físico dos faunos, de quen era compañeiros, que era Sileno... - Quedáramos en que íamos empregar o galego e hai quen emprega o castelán e quen mestura as dúas linguas...


4: PARA OS QUE VAIAN REMATANDO.




Primeiro teredes que revisar os voso traballos e mellorar o que hai que mellorar, se é o caso. Despois, os que vaiades rematando, podedes comezar con..


- P: Penélope, Perseo, Pegaso, Posidón, Patroclo, Príamo, ...

- R: Rómulo, Rémulo, Roxana...

- S: Sémele, Sereas, Sileno...

- T: Tirso, Titáns, Titánides...

- U: Ulises, Urano...

- V: Vesta, vestal, Venus, Vulcano...


Nota bene: deixade un comentario os que comeces a traballar con estas palabras para organizarnos mellor.

¡¡A TRABALLAR...!!






































lunes, 9 de mayo de 2011

3º ESO: SEGUIMOS...

...Continuamos co noso dicionario que xa botou a andar aínda que con alguna "normal e esperable" dificultade técnica que iremos resolvendo pouco a pouco...Hoxe tentaremos que xa todos comecedes a traballar. Pero antes aproveito para lembrarvos algunhas cousiñas.


1: "PEQUENOS TRABALLOS" - DIONISO



Entregaron as actividades: Raúl, Mishell, Manuel, Francisco, Paula, Pedro, Luis, Heitor, Débora, Yovanna.

Non entregaron as actividades: David, Tamara, Daniel


2: GRANDES TRABALLOS


+ Lembrade os que estivéches o xoves e sabede os que non viñéchedes que o "gran traballo" desta terceira valiación consistirá na lectura e "reseña" dun cómic.


+ Podedes presentar o traballo de dous xeitos:


- OPCIÓN A: mediante unha entrada no blogue da materia. A extensión será a habitual nunha entrada nun blogue (máis ou menos o equivalente a medio folio ou un folio por unha cara). Coma sempre, engade enlaces, se é posible, algunha foto...


- OPCIÓN B: en papel. A extensión mínima será de medio folio. A extensión máxima será de un folio por unha cara.



+ Nos dous casos terase moi en conta...


- A ortografía.
- A capacidade de síntese.

- O nivel de redacción.

- A orixinalidade.


+ A data límite para a entrega do traballo (nas dúas modalidades) remata o xoves 10 de xuño. Non se valorará ningún traballo despois desa data baixo ningunha circunstancia.


Nota bene: tedes que recoller os cómics os que aínda non os tedes; e os que xa os tedes lembrade anotarvos na lista (algúns non o fixereron o xoves). Concretamente xa están na lista Mishell, Heitor, Francisco, Yovanna, Débora, Raúl, Paula, Pedro e Manuel (polo tanto, teñen que anotarse Luis e David).


3: E AGORA A TRABALLAR...


...Lembrade: A PINGUELA CLÁSICA é o noso dicionario. Os que estivéchedes traballando podedes mellorar as vosas definicións con enlaces e fotos. E se alguén remata velaquí van algúns personaxes que xa están desexando entrar no noso pequeno espazo...




- P: Penélope, Perseo, Pegaso, Posidón, Patroclo, Príamo...


- R: Rómulo, Remo, Roxana...


- S: Sémele, Sereas, Sileno...


- T: Tirso, Titáns, Titánide...


- U: Ulises, Urano,...


- V: Vesta, Venus, Vulcano...

Nota bene: se alguén se anima que deixe un comentario para organizarnos mellor...


¡¡MOITO ÁNIMO!!

jueves, 5 de mayo de 2011

LATÍN I-TRABALLOS-3ª AVALIACIÓN

HEROIDAS, OVIDIO


1.- Heroida I: "Penélope a Ulises"

2.- Heroida IV: "Fedra a Hipólito"

3.- Heroida V: "Enome a Paris"

4.- Heroida VI: "Hipsípila a Xasón"

5.- Heroida VII: "Dido a Eneas"

6.- Heroida X: "Ariadna a Teseo"

7.- Heroida XII: "Medea a Xasón"

8.- Heroida XVI: "Paris a Helena"; Heroida XVII: "HElena a Paris".

9.- Heroida XVIII: "Leandro a Hero"; Heroida XIX: "Hero a Leandro".

GREGO I-TRABALLOS (3ª AVALIACIÓN).

A MULLER NO MUNDO ANTIGO


1.- Visións da muller na literatura grega. A muller na épica, na lírica arcaica, na traxedia e na comedia.

2.- Necemento e educación. As condicións de vida da muller ata o matrimonio.

3.- Matrimonio e divorcio. As condicións de vida da muller casada. Esposas, concubinas, heteras e prostitutas.

4.- Muller e ciencia: Hipatia de Alexandría.

5.- Muller, política e sociedade. A muller na democracia ateniense. Aspasia de Mileto. A muller na política romana. Cleopatra. Teodora.

6.- Mulleres que escribiron na Antigüidade. Escritoras en Grecia: Safo de Lesbos. Escritoras en Roma: Cornelia, Hortensia...

7.- A sexualidade no mundo antigo: heterosexualidade, homosexualidade masculina, lesbianismo e pederastia. A sexualidade na mitoloxía.

8.- A muller no dereito antigo. Dote, herencia e tutela. Matrimonio, divorcio, aborto e adulterio nos textos xurídicos.

9.- A muller na historia de Grecia. A muller na civilización minoica e micénica. A muller na época clásica: modelo ateniense e modelo espartano. A muller na época helenística.

10.- Muller e filosofía: visións da muller nos textos filosóficos.

miércoles, 4 de mayo de 2011

DICIONARIO "A PINGUELA CLÁSICA"

...Volvemos despois dun tempo de ausencia da blogosfera clásica, aínda que non, por suposto, do mundo clásico pois estivemos traballando duro e agora xa coñecemos ben aos deuses e deusas grecolatin@s, aos principais heroes, aos monstros...

Nesta terceira avaliación comezaremos un novo proxecto que consistirá na elaboración dun pequeno dicionario (en galego, como sabedes (?), escríbese "dicionario", mentres que en castelán escribimos "diccionario") de cultura clásica: "A PINGUELA CLÁSICA". Será "o voso dicionario" e nel recolleremos os principais conceptos que xa nos saíron e que nos seguirán saíndo nos nosos temas, lecturas, traballos...
Así pois...¡¡a traballar!!...Xa tedes nos vosos correos de gmail a invitación para participar no dicionario. Coma sempre, teredes que seguir o enlace e despois ir completando os pasos que se vos indican. Unha vez superado este "trámite" teredes que editar unha serie de palabras/conceptos/nomes...

Concretamente para esta sesión os vosos termos/nomes son:


1.- Raúl: Afrodita, Agamenón, alfa, Ares, Atamante.
2.- Luis: Bucéfalo, Bacanal, Basilisco, Béroe, Briseida.
3.- Manuel: Cancerbeiro, Caribdis, Cíclope, Circe, Clío.
4.- Francisco: Deméter, Dioniso, Dánae, Dédalo, Delfos.
5.- Débora: Eurípides, Eris, Eros, Escila, Esfinxe.
6.- Yovanna: fauno, feacios, filosofía, Faetón, Furias (=Erisnis)
7.- David: Ganimedes, Gracias, grifo, Graias, Gorgonas.
8.- Daniel: Hermes, Harmonía, Hera, Hades, Hidra.
9.- Pedro: Ifixenia, Ino, Ilión, Iris, Ítaca.
10.- Paula: Licaón, lotófagos, Leónidas, Lacio, Laoconte.
11.- Heitor: Ménades, Marte, Mentor, Mercurio, Minerva.

12.- Mishell: Neptuno, Nike, Narciso, Nausícaa, Néstor.
13.- Tamara: Olimpo, omofaxia, Olimpia, Orfeo, Orestes.


¿COMO TRABALLAREMOS NO DICIONARIO?


1.- O dicionario estará en galego. Como sabedes, tedes libertade para empregar no blogue, na aula, nos voso traballos galego ou castelán (¡¡viva o bilingüismo!!) pero penso que un dicionario bilingüe xa sería ir demasiado lonxe...


2.- As entradas serán máis breves que a entrada dun blogue, un "gran traballo" (xa me entendededes)...Podería ser ago así:
Zeus: en Roma, Xúpiter. Pai dos deuses e dos homes. É o deus máis importante do Olimpo. Está casado con Hera, deusa do matrimonio, que ademais de muller tamén era a súa irmá (pois os dous son fillos de Crono -Saturno, en Roma- e Rea). Os atributos de Zeus son o cetro e a aguia.


3.- Sempre que sexa posible engadiremos unfa foto para ilustrar o termo/nome/concepto.


4.- Por suposto, empregaremos "links" (=enlaces) sempre que sexa posible...



5.- Para que o resultado sexa uniforme empregaremos todos o mesmo tipo ("normal", é dicir, non tedes que cambiar nada...) e tamaño (Heading 3) de letra. O termo/ personaxe definido porémolo en verde.



6.- Aquí, coma no blogue, coma nos traballos, coma sempre...QUEDA COMPLETAMENTE PROHIBIDO COPIAR E PEGAR. Terás que resumir, sintetizar, redactar...¡¡Emprega as túas propias palabras!!. Por exemplo, se tes que falar dun deus e xa o coñeces (e así será posto que xa somos expert@s en deus@sÇ), aproveita esa información...



E AGORA....¡¡A TRABALLAR!!