miércoles, 11 de noviembre de 2009

Hidra de Lerna e a Serpe de San Cibrao


Na mitoloxía grega unha hidra era unha criatura similar a unha serpe,esta besta tiña varias cabezas.Contaba cunha respiración velenosa que a facia máis perigosa ainda. A hidra foi destruida por Hércules durante un dos doce traballos.A súa garida era o lago Lerna,situado no Argolid.Especulouse coa súa posible existencia,pero desbotouse ese mito. Decíase que no fondo do lago habia a entrada a un mundo subterráneo,e que a Hidra era a súa garda. Este monstro descendia de Tifón,Equidna e da Deusa da Terra,Xea.Irmá de Quimera e de Cancerbero.
A historia grega é asi:
·Ao chegar ao pantano preto do lago de Lerna,Hércules cubreu a súa boca e o nariz cun pano e tirou frechas de lume para sacar á besta da súa garida.Enfrentouna cunha fouce na man e matouna.
Dixose que esta criatura se via favorecida por unha reacción biolóxica:cada vez que se lle cortaba unha cabeza,nacianlle dúas máis no seu lugar.Ao contratrio do que pensaba Hércules,non a matou .
Cando el se deu conta de que non a mataba,pediulle axuda ao seu sobriño.Este propuxelle a idea de lanzarlle trapos ardendo para queimar os corpos decapitados.Entón mentras Hércules se dedicaba a cortar as cabezas da Hidra,o sobriño queimabaos.
Así, Hércules enfrontouse á última cabeza, a principal e “inmortal” cabeza da Hidra, aplastándoa debaixo dunha gran rocha
. Sumerxindo as frechas no sangue velenosa da Hidra,completou a súa segunda tarefa.
Agora conto a historia galega da Serpe de San Cibrao:
·Unha serpe mariña,de aproximadamente 30 metros, que cada sete anos se acercaba ás costas da localidade mariñeira,para poñer os ovos. Igual que a hidra podía moverse tanto pola auga como pola terra,e destacaba pola cor vermella e brillante da súa pel e o gran tamaño das súas escamas. Decíase que viña de moi lonxe,e que devoraba todo o que atopaba por diante.Se atopaba un barco enroscabase nel ata desfacelo e engulia aos mariñeiros,comezando pola cabeza. Na terra era menos agresiva sempre que non a molestasen.Pero se alguén o facia ,e a serpe o sabia,devorariao,a él,á familia e ao gando.Todo o mundo de San Cibrao sabía que si se atopaban coa serpe o mellor era alonxarse dela canto antes. Algúns din que a serpe vai a terra cada 9 anos e non cada 7,e outros din que ven máis amiudo e que hai máis dunha serpe dese tipo,xa que con tantos ovos que puxo,algún se lograría. No pozo de Piago,no Landro,en Viveiro,vive outra serpe mariña que se deixa ver na mañá do día de San Xoán.



No hay comentarios: