viernes, 12 de junio de 2009

Aquiles


Aquiles


Prototipo de heroe guerreiro, cantado pola épica homérica. A rapidez e un carácter implacable eran as súas principais características.
Aquiles, fillo de Tetis e Peleo, é o protagonista da Ilíada de Homero. A súa nai somerxeuno na lagoa Estixia para facelo inmortal. Converteuse desde entón en invulnerable, agás o talón, por quedar este sen mergullar. O seu carácter, ás veces implacable, xustifícase porque sabe que non vivirá moito tempo: elixiu unha vida curta pero con gloria a unha longa pero escura. Combateu na guerra de Troia onde, despois da morte do seu amigo Patroclo, matou a Héctor. Morreu en torno a Troia, ferido mortalmente por unha frecha disparada por Paris, pero dirixida por Apolo ao seu talón.

No hay comentarios: