viernes, 8 de mayo de 2009

Algúns deuses gregos

Zeus



Era o fillo menor de Cronos e Rea, despois de destronar ó seu pai e soster terribles loitas por manterse no trono, ostentaba o poder supremo do universo. Estaba casdo coa súa irmá Hera que lle deu tres fillos: Ares, deus da guerra, Hebe deusa da xuventude e Ilitia, deusa dos partos.

Zeus era o rei dos deuses e deus supremo de todos os homes, tamen era o deus do ceo e dos fenómenos atmosféricos.

Zeus tiña unha afición desmedidapolas mulleres e metamorfoseábase de mil maneiras con tal de conseguilas. Así transformouse en toro para seducir a Europa, a Dánae sedúxoa en forma de choiva de ouro, para obter os favores de Leda metamorfoseouse nun cisne, Ganímides, un xoven troiano tampouco puido escapar do seu asedio...



Dioniso


Dioniso ou Baco (en Roma) asimilado ó deus romano Líber, era o deus da vide, do viño e do desenfreno e da orgía.

No monte Nisa co seu preceptor Sileno descubre a vide e a súa utilidade. Logo enloquecido por Hera, emprendeu unha longa viaxe polo mundo hasta a India, para difundir o cultivo da vide e do viño. Él ía nun carro tirado por panteras e acompañado polo seu cortexo. Con ese séquito femenino que berraba "evoé" en honor de Baco, conquistou o mundo.

Despois desta peregrinación polo mundo tamén difundeu o seu culto en Grecia e todos os que se opuxeron a él foron duramente castigados.

Despois de percorrer toda Hélade castigando por doquier ós que despreciaban os seus ritos, dirixiuse ó mar Egeo e desde Icaria embarcouse rumbo a illa de Naxos.

A esposa de Dioniso é Ariadna, a fermosa filla de Minos. Dioniso enamorouse dela, o descubrila nunha praia da illa de Naxos, desesperada por haber sido abandonada por Teseo, e casouse con ela.
Apolo
Apolo, o certeiro flechador do arco de prata,era un deus típicamente grego, era o deus da música e da poesía, auxiliado nesta tarefa polas nove Musas.
Disparando co seu arco provoca epidemias entre os homes e tamén lles da saude.
A Apolo non lle gustaba que rivalizasen con él e os que se atreveron como Marsias tiveron un final desastroso. A culpa tívoa a habilidosa Atenea, que certo día inventou a flauta, pero o ver que, mentres a tocaba, poñíase fea, enfadada tirouna e maldiceuna o que a encontrase, que resultou ser o desdichado Marsias.
En un concurso musical entre Apolo e Pan, Midas prefireu o arte deste último, tamén foi castigado por Apolo que lle fixo medrar orellas de burro.
Afrodita
É a deusa do amor. Sobre o seu nacemento transmítense dúas tradicións diferentes: 1- considerada filla de Zeus e de Dione. 2- considerada filla de Urano, cuyos órganos sexuais, cortados por Crono, caeron o mar e enxendraron a deusa, a <<>>, ou <<>>. Apenas saída do mar, foi levada polos Céfiros, a Citera, e despois a costa de Chipre, donde foi acollida polas Estacións (as Horas), vestida, ataviada e conducida por elas ata a morada dos Inmortais.
Atenea
Era a filla de Zeus e da súa primeira muller, Metis, a que Zeus se tragou por consello de Gea e do estrellado Urano mentres estaba embarazada.
Dende o seu nacemento demostrou unha irresistible paixón polas armas. Sendo nena, entrenábase para a guerra coa súa compañeira de xogos, Palas, a que matou accidentalmente.
Sempre lle atraeron as loitas e peleaba con ardor e valentía chegando a deixar fora de combate o propio Ares, o deus da guerra. Participou en todas as loitas celestiais como a Gigantomaquia.

No hay comentarios: